sábado, 24 de junio de 2017

Hotaru no Haka (A tumba dos vagalumes)

Segunda Guerra Mundial, Xapón. Dous irmáns, o maior, Seita, e a súa irmá Setsuko, fillos dun oficial da mariña xaponesa que viven en Kobe. Durante un bombardeo estadounidense á súa cidade, os irmáns non chegan ao búnker onde a súa nai espéraos, e, cando finalmente a atopan, está ferida mortalmtente na escola, que se convertera nun hospital de urxencia. A tumba dos vagalumes, sen necesidade de escenas de acción nin de amosar unha violencia...

Good Bye, Lenin!

Berlín, outubro de 1989, a piques de caer o muro de Berlín que dividía esta cidade entre a RDA e a RFA, Cristiane, quen entregouse totalmente ao traballo para lograr o ideal socialista, cae en coma ao ver ao seu fillo nunha manifestación contra o goberno. Tras despertar, oito meses máis tarde, xa tras a caída do muro e cunha Alemaña reunificada e capitalista, o seu fillo Alexander fará todo o posible para que ela non se decate de isto debido...

jueves, 22 de junio de 2017

Bienvenue à Marly-Gomont

Bienvenue à Marly-Gomont, baseada na vida do pai do músico Kamini, cóntanos a historia do doutor Zantoko, orixinario de Kinshasa, o Congo, quen acepta unha vacante de médico rural nunha pequena vila de Francia en 1976 coa intención de poder ofrecerlle unha mellor educación aos seus fillos. Alí terá que enfrentarse ao racismo dos seus habitantes, quenes nunca viran a unha persoa negra e que amosan un claro rexeitamento. A película xira en torno...

lunes, 5 de junio de 2017

Ladri di biciclette

Ambientada en Italia tras a Segunda Guerra Mundial, a película cóntanos a historia dun obreiro en paro que consegue traballo pegando carteis, coa única condición de que debe posuír unha bicicleta. Tras conseguir unha con gran dificultade debido á súa situación económica, lla rouban durante o seu primerio día de traballo. Así, comeza a súa busca xunto co seu fillo Bruno, desesperados por recuperar o único que lle pode dar ingresos á familia. Cun...

sábado, 3 de junio de 2017

Johnny Got His Gun

Johnny Got His Gun cóntanos a historia dun xoven combantente da Primeira Guerra Mundial que durante esta foi ferido por unha bomba que deixouno totalmente mutilado; sen brazos, sen pernas, cego, sordo e mundo, sen posibilidade de comunicarse co seu entorno. É así como esperta o noso protagonista no hospital, confuso e sen saber que acontece. Pouco a pouco va tomando consciencia da súa situación e tratará de comunicarse co seu entorno. Todo o...

lunes, 24 de abril de 2017

The Last Samurai

Aviso que a crítica conterá spoilers da película, pero así como resumo: todo mal, se queres ver unha película do estilo mirade Dances with wolves. No século XIX Xapón pretende porse á altura das potencias imperialistas occidentais, e contrata a expertos de todo o mundo para poder logralo. É así como en 1876 chega o noso protagonista, Nathan Algren , un afamado soldado americano que combateu contra os indios, cun pasado cheo de dor e desolación...

viernes, 21 de abril de 2017

Dances with wolves

Durante a colonización do Oeste, o teniente John Dumbar decide dirixirse a un lonxano posto fronterizo abandoado polos soldados. Alí comeza a vivir en completa soidade, a cal impúlsao a entrar en contacto coa tribo dos Sioux, cos que pouco a pouco consegue entablar unha relación de respeto e admiración mutuos. Dances with wolves, supuxo un punto de inflexión no xénero dos westerns. Por primeira vez no cine, trátase de representar ás tribos indias...

lunes, 20 de marzo de 2017

Modern Times

Los Ángeles, 1935, un traballador dunha fábrica do sector da metalurxia acaba esgotado polo frenético ritmo imposto polo patrón e acaba perdendo a razón. Tras recuperarse nun hospital, é encarcelado por participar nunha manifestación, á cal acude por casualidad. No cárcere axuda de xeito inintencionado a deter un motín, polo que é posto en libertade. Xa en liberdade, comeza a buscar traballo para subsistir e atopa o amor. Ambientada...

Oliver Twist

Ambientada no Londres do século XIX, Oliver Twist cóntanos a historia do neno orfo que lle da nome á película e ao libro homónimo que esta adapta. O protagonista é un rapaz de dez anos que é expulado do orfanato tras pedir máis comida para el e máis os seus compañeiros, e é ofrecido como aprendiz a quenquera que estivera interesado en contratalo. Tras diversos traballos, primeiro limpando chimineas e posteriormente como axudante de enterrador,...

lunes, 27 de febrero de 2017

Rebellion

  Creada para a conmemoración do centenario do Alzamento de Pascua, Rebellion cóntanos a historia da rebelión que tivo lugar en Irlanda contra a autoridade de Reino Unido na primavera de 1916, eque da comezo á unha loita pola independencia do pobo irlandés, que tardará sete anos en resolverse. A miniserie (vale, non é unha película como tal, pero dura catro horas e algo, considerádela un filme longo) comeza cun primeiro capítulo algo lento...

domingo, 26 de febrero de 2017

O perfume: historia dun asasino

Ambientada na Francia do século XVIII, “O perfume” adapta o libro homónimo escrito por Patrick Süskind, contándonos a historia de Jean Baptiste Grenouille, un xoven perfumista. O protagonista é presentado co seu nacemento, nun dos barrios máis pobres de París rodeado de basura e desperdicios de pescado, e rexeitado pola súa nai nada maís nacer; como un pequeno preludio do que veremos no resto da película, amosásenos xa a importancia...

domingo, 5 de febrero de 2017

Master and Commander

Guerras Napoleónicas, ano 1805. Con Napoleón dominando case toda Europa e Reino Unido como principar rival grazas á súa supremacía naval, Jack Aubrey capitanea un barco inglés, o Surprise, no Atlántico, que é atacado por un navío frances, o Acheron. Nesta situción, o capitán ingés ten como misión capturar o navío enimigo, e a pesar de estar en clara desventaxa, isto só provoca que o seu empeño sexa maior. Non é fácil facer entretida unha película...

miércoles, 4 de enero de 2017

Marie Antoinette

Século XVIII, a xoven María Antonieta, con tan só 14 anos, vese obrigada a irse do seu fogar en Austria a Francia, onde contraerá matrimonio co futuro rei Luís XVI. Para convertirse na delfina, a nosa protagonista debe deixar todo o seu pasado atrás, tanto as súas posesións materiais como a súa inocencia e inxenuedade para conseguir adaptarse a opulenta e sofisticada corte francesa, onde todo xira entorno ás intrigas, as traizóns e o escándalo. Ambientada...