sábado, 3 de junio de 2017

Johnny Got His Gun


Johnny Got His Gun cóntanos a historia dun xoven combantente da Primeira Guerra Mundial que durante esta foi ferido por unha bomba que deixouno totalmente mutilado; sen brazos, sen pernas, cego, sordo e mundo, sen posibilidade de comunicarse co seu entorno. É así como esperta o noso protagonista no hospital, confuso e sen saber que acontece. Pouco a pouco va tomando consciencia da súa situación e tratará de comunicarse co seu entorno.


Todo o filme xira en torno á mente de Johnny e como este percibe o mundo. Para isto, o director (que adapta o seu propio libro) válese de flashbacks mesturados con alucinacións, onde non queda de todo claro que é real e que é froito dos desvaríos do protagonista, en cor e de esceas do que percibe no momento en branco e negro; buscando representar (creo) a parte da súa vida que realmente disfrutou, e a parte que só é confusión, incapacidade de comunicarse co exterior e sufrimento.

Dalton Trumbo, o director, fixo a película cunha intención claramente antibelicista que nos conta os horrores da guerra e que é unha continuación dunha patriótica canción estadounidense que invita aos seus cidadáns a participar na guerra, na que obviamente EEUU sempre loita pola liberdade e uns valores xustos e na que eles serán considerados uns heroes.


Outro dos temas nos que se posiciona o director é a eutanasia, coa que está claramente a favor. De que serve seguir vivindo se non podes comunicarte con ninguén, se non podes facer o que che gusta, se non podes moverte, se case non podes sentir nada, se non podes nin tan sequera algo tan simple como ver a luz do sol, e todo o que sintes é dor e frustración?


Johnny Got His Gun non é unha película que lle vaia a gustar a todo o mundo debido á súa falta de acción e que cara ao final algúns flasbacks xa son innecesarios, pero que transmite unha clara mensaxe política dunha forma pouco habitual.

Puntuación:







1 comentario:

  1. Unha vez escoitei ao escritor Miguel Delibes, xa moi maior, seguramente nunha das súas últimas entrevistas, dicir que a vida xa non pagaba a pena, porque xa non podía facer as cousas que lle gustaban: ler, montar en bicicleta ou saír ao monte. El daba a súa vida por vivida, e a morte non era un problema.

    Johnny chega á mesma conclusión, pero con apenas vinte anos de vida. O motivo? Unha guerra á que, como dicía a patriótica e estúpida canción, feita para este tipo de momentos, non había outra que ir... Ou si?

    Se non fora polo gif, diría que te estás abrandando...

    ResponderEliminar