Século XVIII, a xoven María Antonieta, con tan só 14 anos, vese obrigada a irse do seu fogar en Austria a Francia, onde contraerá matrimonio co futuro rei Luís XVI. Para convertirse na delfina, a nosa protagonista debe deixar todo o seu pasado atrás, tanto as súas posesións materiais como a súa inocencia e inxenuedade para conseguir adaptarse a opulenta e sofisticada corte francesa, onde todo xira entorno ás intrigas, as traizóns e o escándalo.
Ambientada nos últimos anos do Antigo Réxime francés, esta película mostra con bastante veracidade a vida de María Antonieta, comezando coa súa marcha da corte austríaca para que teña lugar o seu matrimonio co delfín de Francia. Durante a súa viaxe ao reino francés, vemos á futura raíña temerosa e ilusionada polo matrimonio que conseguirá acabar coa rivalidades entre Francia e Austria, e que vese obligada a deixar todo o seu pasado austríaco en Austria: xusto na fornteira entre ambos reinos espérana una hoste francesa cunha tenda na que debe deixar todas as súas pertenenzas e acompañantes, aventurándose ela soa na traicioneira corte francesa, tal e como pasou na realidade.
Xa na corte, a nosa protagonista ten que adaptarse a un mundo completamente novo, no que cada acción máis banal conleva toda unha serie de ceremonias rexidas por unha xerarquía nas que corre o risco de ofender a calquera nobre. A pesar de isto, María Antonieta rápidamente adáptase ao luxo e derroche que caracterizaban á nobreza no Antigo Réxime, Non só consegue adaptarse con facilidade ao despilfarro, senón que toda a súa vida na corte xira entorno á festa e a diversión, sen preocuparse da
realidade do pobo francés. A súa pouca preocupación por compracer aos nobres que non son do seu agrado, sumado aos seus enormes gastos e a súa orixe austríaca, fan que cando finalmente ten lugar a revolución o pobo francés volque toda a súa ira nela, e a culpe de todas as súas penurias; provocando que os seus aduladores a abandonen cando ven o claro peligro do pobo francés armado.
Outras realidades da época que aparecen reflexadas na película é a ineptitude de Luíx XVI como monarca, quen goberna Francia guiado por aduladores, e que apoia a independencia das 13 colonias en Norteamérica. Isto fai que teña que subir os impostos para poder pagar ao seu exército, aumentando así o sentimento de inxustiza do seu pobo que vían na revolución das 13 colonias un modelo a seguir. Tamén vemos as dificultades provocadas por Luís XVI para ter fillos, que non naceron ata 7 anos despois do seu matrimonio con María Antonieta, e das cales culpouse a ela, tanto o pobo, como a nobreza e ata a súa propia familia.
A pesar do extendido odio que sentían os franceses cara ela, existían quen aínda tiña fe nela: Olympe de Gouges, unha revolucionaria francesa autora de Declaración dos Dereitos da Muller e da Cidadá que cansa de ver que os ideais de liberdade e igualdade eran só para o xénero masculino, creou esta obra parafraseando á Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán. e que dedicou a María Antonieta. Tal vez se a raíña tivera feito caso ás revolucionarias francesas estas non houberan encabezado a marcha a Versalles, que significou o fin da autoridade real. Ambas foros guillotinadas por Robespierre cunha semana de diferenza. Lamentablemente, na película non se fai referencia nin a Olympe nin ás revolucionarias, e únicamente aparece a marcha a Versalles.
No filme podemos ver algúns erros premeditados, como os cristais no carruaxe para poder facer a broma de debuxar un corazón no cristal empañado; a aparicón dunhas Converse un montón de zapatos; ou uns fogos artificiais demasiado elaborados na voda de María Antonieta e Luís XVI, que si que foron lanzados (de feito, mataron a 132 persoas), pero con menos detalles. Tal vez un dos maiores fallos da película é o final. Parece feito a correr, como se tiveran un tempo de metraxe limitado e para cando chega o desenlace da película só quedaran uns poucos minutos. É un final rápido e que non explica ben o que ocurre, e que omite o final da monarquía francesa: a guillotina.
En definitiva, é unha película moi entretida e que serve para explicar a vida de María Antonieta de forma amena, evitando os aburridos documentais; combinada cunha música moi particular que encaixa perfectamente coa historia e cunha brillante actuación de Kristen Dunst; e que consegue captar o illamento e a superficialidade da vida de María Antonieta en Versalles, lonxe da realidade do pobo francés. Tamén é curioso destacar que das 4 películas que vimos durante o 1º trimestre (esta, Olivert Twist, O Perfume e Tempos Modernos), María Antonieta é o único filme que pasa o test de Bechdel e o único dirixido por unha muller.
laik equis de lol mui vueno, m'a justado muxcho jajjaa salu2
ResponderEliminarjaja grasias amijho no ai laiks jaja pro no psa na jaja salu3
EliminarMoi chuli guapi
EliminarOla Anxos!
ResponderEliminarSabes que lograches abrirme moito os ollos con esta publicación e ademais en varias ocasións? Como é posible que eu non distinguira as Converse entre esa pila de zapatos? Mataron os fogos artificiais a máis de cen persoas? É que os tiraban en horizontal? A que Olympe de Gouges tamén mercería unha película propia?
Redactas moi ben, os gifts están ben escollidos (sobre todo o último, que recolle unha das frases atribuídas á raíña) e na túa crítica aparecen aspectos diferentes da película e unha continua alusión á historia. Pero o que máis me gusta é que, máis aló de comentar a película, a túa crítica engade valor: Olympe de Gouges, test de Bechdel ou o parágrafo dos erros premeditados, son unha delicia para un lector, vira ou non a película. Parabéns Anxos! E a por máis!
Alégrome de que che guste o estilo! A verdade e que a min gústame enrollarme con todos os pequenos detalles das pelis, pero teño medo que para algune lectore externe ao blog fágaselle demasiado engorrosa a lectura, e como puideches comprobar cambie un pouco o estilo na seguinte entrada.
Eliminar