Guerras Napoleónicas, ano 1805. Con Napoleón dominando case toda Europa e Reino Unido como principar rival grazas á súa supremacía naval, Jack Aubrey capitanea un barco inglés, o Surprise, no Atlántico, que é atacado por un navío frances, o Acheron. Nesta situción, o capitán ingés ten como misión capturar o navío enimigo, e a pesar de estar en clara desventaxa, isto só provoca que o seu empeño sexa maior.
Non é fácil facer entretida unha película na que toda a acción transcorre nun barco, e neste caso o director non foi capaz de facelo. O filme cóntanos a persecución do Acheron... e nada máis. Hai historias (poucas) dalgún personaxe secundario, pero máis que para coñecer e empatizar cos personaxes, parecen feitas para encher minutos de metraxe. E precisamente creo que ese é un dos grandes erros da película, que dame igual os destinos dos personaxes secundarios, só intéresame o futuro do Capitán Jack e o seu amigo e compañeiro o doutor Stephen, xunto coa súa pseudo trama amorosa.
Grazas Tumblr por tanto |
En definitiva, non é un mal filme, pero o que promete ser unha épica aventura na loita contra os franceses acaba sendo unha historia insulsa de dúas horas sobre como un barco persegue a outro.
"Non é fácil facer entretida unha película na que toda a acción transcorre nun barco, e neste caso o director non foi capaz de facelo"... Zasca! Xa o dicía Anxos na presentación: "penso rajar moito". E como esta crítica vai de zascas, creo que voume posicionar á beira de Peter Weir, por aquelo de equilibrar. Espero que en Tumblr non o vexan como un Ambiguously Gay Duo. :D
ResponderEliminarCreo que a peli mantén a estrita xerarquía dun barco: está o capitán e súa teima, e a moita distancia todos os demais coas súas. Por iso, se a teima é perseguir a un barco franchute, perséguese. E se hai que dobrar o Cabo de Fornos, tamén se dobra. Para que están os demais? Para amosar o que acompañaba a cada persecución. Para comprender a dificultade de gobernar un barco con douscentros ou trescentos homes a bordo. Para ver, que por moita coleta e moito capitán que un pareza, sempre vai haber tripulación reacia, decisións que tomes inxustamente, discrepancia nos pareceres, trampas que sortear (ou que tender), lugar para as fantochadas pero tamén para unha conversa íntima ou para tocar unha peza de música clásica, exemplos de valor e do contrario, ou un capitán de barco máis áxil, listo e rápido cá ti. Serve para comprender que un barco non fai mariñeiros: alí había nenos que non sabían a que se enfrontaban, oficiais sen galones, supersticiosos sen fe, científicos sen laboratorio, pouco espazo para vivir e un océano infinito no que todos estaban condenados a convivir durante meses, e no que podía pasar calquera cousa. Sen anacronismos. Sen piratas del caribe.
Rinme moito Anxos. A pola seguinte!
Entendo que o director quixera representar todas as complexidades da vida nun barco... Pero é que as historias das personaxes secundarias parécenme tan insulsas ????? Non me refíro tanto ao que rodea ao capitán e ao doutor, que parécenme o que salva á película, senón a tramas como a do neno... Si, perdeun un brazo, ok, e que? Non creo que aporte nada realmente á película e o director é incapaz de facerme empatizar con el.
EliminarGrazas a Deus, Superman e ás Super Nenas que non se parece a piratas do Caribe, mira que é mala a última.
Ai agri wiz yu in de critic cos aiv sin de muvi ty and it is a litel borinj, ai olso cinc dat de captein and de doctor shud bi de ofishal capol of de british neivi and ai lof de tumblr foto.
ResponderEliminarAi cinc de longitud of de post is perfect, it guos veri isi and chachi pistachi tu rid.
Bai de güei ai lof de video at de begininj of de post, it is ameisinj mai diar anxus.
Pd: ai mised a queipop gif bat is okei.
Pd2: Veri ameisinj litel priti guerl.
Ai nou. Ai olso mis mai keipop guirls bat dere guas not a guai to put dem here, aim sou sori.
EliminarAi cinc dat in llor next critic yu shud du somcinj abaut de queipop gifs cing, ai min dat llu jav tu put a queipop gif lles or lles.
EliminarPd: estil veri chuli priti guerl.