A tumba dos vagalumes, sen necesidade de escenas de acción nin de amosar unha violencia explícita; conta unha historia moi dura que consegue atrapar ao espectador e conmovelo (se a vedes preparade pañuelos). Sen grandes esceas, sen batallas nin soldados mortos, o filme transmite unha idea antibelicista (aínda que o director renega desta interpretación), que cala naquel que vea a película ao ver a mirada perdida de Setsuke, ou os intentos do seu irmán por tratar de que todo sexa o menos traumatizante posible para ela.
Baseándose no libro homónimo escrito por Isao Takahata e dirixia por el mesmo baseándose nas experciencias que viviu na guerra, o filme amosa que as películas de animación, ao contrario do que nos ten acostumados Disney, non son todas para nenos e que son capaces de transmitir como calquera superprodución de Hollywood, o incluso máis.
Ou incluso máis. Sobre todo cando os Studios Ghibli están de por medio. Unha historia seria, profunda e moi triste, contada nun formato que se ten demasiadas veces por infantil... Pero que é absolutamente universal. Seica precisamente polo dura que é, cando se proxectou, coincidindo nos cines con "Mi vecino Totoro" (dos mesmos estudios), ninguén quería ver a primeira. Pero aínda que a comedia nos axude a soportala, son os dramas os que máis se achegan e axudan a entender como é a vida... Creo.
ResponderEliminarFoi un gustazo ver pelis contigo e poder lerte despois, Anxos. Espero que a elección pagara a pena, que o cine calase moi fondo e que sigas compartindo fotogramas da historia ou de pelis en xeral, porque hai moito que rajar. ;)
ResponderEliminarMoi bo verán!
Pois claro que a elección pagou a pena! Grazas por un curso marabilloso, onde non só nos ensináches Historia senón que tamén nola ensinaches dunha forma diferente e contaxiáchesnos a túa paixón polo cine, aínda que foi unha mágoa de non ter feito finalmente a curta.
EliminarBo verán para ti tamén!