lunes, 20 de marzo de 2017

Modern Times




Los Ángeles, 1935, un traballador dunha fábrica do sector da metalurxia acaba esgotado polo frenético ritmo imposto polo patrón e acaba perdendo a razón. Tras recuperarse nun hospital, é encarcelado por participar nunha manifestación, á cal acude por casualidad. No cárcere axuda de xeito inintencionado a deter un motín, polo que é posto en libertade. Xa en liberdade, comeza a buscar traballo para subsistir e atopa o amor.



Ambientada durante a Gran Depresión, o filme denuncia a explotación capitalista, aludindo específicamente ao Taylorismo e ao Fordismo, que promoven o traballo en cadea; e a súa única preocupación: obter o maior beneficio posible, sen importar o que iso conleve.  No filme podemos ver o paro, a misera e a desesperanza do proletariado; a súa loita por conseguir dereitos en folgas e manifestación, e como estas son duramente reprimidas pola policía. Tamén podemos ver representada a alienación dos obreiros, a través do rabaño de ovellas ao principio do filme, que seguen o seu camiño sen cuestionarse por que o seguen.

Modern Times é unha película atemporal; á que non lle fai falta nin cor nin diálogos, e que é capaz de transmitir sen necesidade destos. Con ela Chaplin sinala directamente como culpable dos problemas da clase obreira á burguesía sempre mediante un ton humorístico, que non podo evitar que me recorde a este grupo: humor de por e para o proletariado sobre a súa situación, parodiándoa ata levala ao absurdo.

Puntuación:



0 comentarios:

Publicar un comentario