sábado, 24 de junio de 2017

Good Bye, Lenin!


Berlín, outubro de 1989, a piques de caer o muro de Berlín que dividía esta cidade entre a RDA e a RFA, Cristiane, quen entregouse totalmente ao traballo para lograr o ideal socialista, cae en coma ao ver ao seu fillo nunha manifestación contra o goberno. Tras despertar, oito meses máis tarde, xa tras a caída do muro e cunha Alemaña reunificada e capitalista, o seu fillo Alexander fará todo o posible para que ela non se decate de isto debido á súa delicada condición de saúde, creando unha pequena illa no seu apartamento onde o a Alemaña socialista todavía pervive.

A nivel histórico, o filme amósanos a forma de vida na Alemaña comunista: o funcionamento da economía, a política do país, a distribución dos produtos (como os trámites para adquirir un Trabant), o forte control das fronteiras... Tamén permítenos ver a transición do comunismo ao capitalismo que tivo lugar, o cambio que supuxo nas vidas dos seus habitantes, para ben e para mal, e como estes adáptanse aos cambios.


Good Bye, Lenin! é unha película que trata de alonxarse da típica representación do comunismo e amosar os pros e os contras de cada sistema, sen clasificar en "os bos" e "os malos". Dende unha perspectiva algo irónica, e con momentos de gran tensión, o filme móstranos unha historia emotiva, na que un protagonista comprometido, igual ca a súa nai, está disposto a facer o que sexa por ela. Un dos mellores puntos da película é a construcción dos personaxes, que son complexos e con aristas, cos que é fácil empatizar e no que as mulleres levan un gran peso da historia, pasando finalmente o Test de Bechdel.



Puntuación: 





1 comentario:

  1. Premio! Por fin pasamos o test de Bechdel! É incrible que algo tan sinxelo sexa tan difícil de atopar en tantas películas, incluso actuais.

    Creo que o maior mérito da película é esa distancia que toma á hora de retratar ambos sistemas. E creo que é iso o que fixo que esta peli se convertera nun símbolo útil para os os berlineses, os alemáns e medio mundo. A caída non foi a vitoria dun bando, senón a paz para ambos.

    ResponderEliminar