lunes, 20 de marzo de 2017

Oliver Twist

Ambientada no Londres do século XIX, Oliver Twist cóntanos a historia do neno orfo que lle da nome á película e ao libro homónimo que esta adapta. O protagonista é un rapaz de dez anos que é expulado do orfanato tras pedir máis comida para el e máis os seus compañeiros, e é ofrecido como aprendiz a quenquera que estivera interesado en contratalo. Tras diversos traballos, primeiro limpando chimineas e posteriormente como axudante de enterrador, Oliver escápase a Londres, onde traballará para o vello Fagin, quen dirixe unha banda de nenos ladróns.

A pesar de estar ambientada no século XIX, Oliver Twist permítenos ver á perfección as condicións de vida da recién nada clase obreira durante a Primera Revolución Industrial que tivo lugar en Londres durante o século XVIII, polo que a utilizamos na clase como exemplo desta época. O filme permítenos ver o auxe do capitalismo como novo sistema económico no que a explotación infantil, como vemos a través do propio protagonista mentres está no orfanato e tras marchar deste; as xornadas infinitas e a mercantilización das persoas, miremos outra vez ó protagonista, que é tratado por moitos personaxes como pouco máis ca un medio para conseguir beneficios, están á orde do día. Outra das cousas que amósanos a película son as miserables condicións de vida da xente pobre nas cidades, amosándonos rúas sucias e casas en iguales condicións onde conviven multitude de persoas.

Respecto ao test de Bedchel... Sorpresa! Outra película que non o pasa. Só aparecen tres personaxes femininas cun mínimo de relevancia (e unha delas dudo que chegue a aparecer máis de un minuto na pantalla),  pero as todas teñen algo en común: o seu papel é preocuparse por Oliver. Todos os personaxes masculinos teñen diferentes motivacións para achegarse ao protagonista, algunhas boas, a maioría malas; pero no caso de elas o seu único papel é cuidalo.


A pesar de non ser unha película lenta, o director non é capaz de enganchar ao espectador e que ao acabar o deixa indiferente. Non é unha película mala, pero tampoco pode decirse que sexa especialmente boa.

Puntuación: 



1 comentario:

  1. Coincido, Anxos. Como retrato dun estilo de vida, dun tipo de sociedade, e sobre todo como denuncia das condicións nas que vivían os nenos naquel momento (xa non?), é unha peli (e un libro) que paga a pena.

    Pero, por algún motivo, Polanski non logra conmover ao espectador, que acaba desexando que a película remate dunha vez por todas. Non sei se son os personaxes, nalgún caso demasiado histriónicos, ou a apariencia de novelón, ou o que... pero a historia non permanece na memoria e ao día seguinte non é máis cá unha borrosa sombra dun recordo.

    ResponderEliminar