lunes, 5 de junio de 2017

Ladri di biciclette


Ambientada en Italia tras a Segunda Guerra Mundial, a película cóntanos a historia dun obreiro en paro que consegue traballo pegando carteis, coa única condición de que debe posuír unha bicicleta. Tras conseguir unha con gran dificultade debido á súa situación económica, lla rouban durante o seu primerio día de traballo. Así, comeza a súa busca xunto co seu fillo Bruno, desesperados por recuperar o único que lle pode dar ingresos á familia.
Cun argumento moi simple, o filme consegue arapar ao espectador e polo na situación na que se atopa o protagonista. A tensión mentres esperas que lle rouben a bicicleta (porque é obvio que lla van a roubar, e o director xoga con iso); a súa desesperación, xa non só por el mismo, senón porque esa bicicleta é a única forma de conseguir alimentar á súa familia; as súas disputas internas entre facer o que cree correcto ou o que é necesario para sobrevivir... E a actuación do neno, que é simplemente brillante, chegando a transmitir tanto o incluso máis ca o seu pai.



O ladón de bicicletas e un claro exemplo de neorrealismo italiano, unha corrente cinematográfica que xurdiu tras a Segunda Guerra Mundial, e que utiliza como escenarios as propias rúas das cidades italianas e como actores e actrices xente de a pe. Isto engádelle un gran valor histórico ao filme, o que vemos non son recreacións, son o día a día da poboación da época.

Esta película non é a típica palomitera de Hollywood que podes sentarte a ver e desconectar, polo que non a recomendo se é iso o que buscades, pero se queredes descubrir un outro tipo de cine recoméndoa totalmente, de verdade que merece a pena. Unha das poucas pegas que lle atopo é, como en case todas as películas que levamos visto durante o curso, é a falta de representación feminina.

Puntuación:


1 comentario:

  1. "Europa 51", "Arroz amargo" ou "Strómboli" son películas do neorrealismo italiano protaganizadas por mulleres, e que creo que che gustaría ver, Anxos. Tamén, ligada á temática da Segunda Guerra Mundial (motivo que nos levou a El ladrón de bicicletas), recomendaríache "La ciociara" ou "Dos mujeres" (como se titulou en español). Non son películas de Hollywood, pero son historia do cine porque en Italia, daquela, facíase un cine con maiúsculas que non ten nada que envexarlle aos clásicos norteamericanos.

    De "El ladrón..." nunca poderei esquecer as mil emocións que transmite o neno na escenas finais.

    ResponderEliminar