Durante a colonización do Oeste, o teniente John Dumbar decide dirixirse a un lonxano posto fronterizo abandoado polos soldados. Alí comeza a vivir en completa soidade, a cal impúlsao a entrar en contacto coa tribo dos Sioux, cos que pouco a pouco consegue entablar unha relación de respeto e admiración mutuos.
Dances with wolves, supuxo un punto de inflexión no xénero dos westerns. Por primeira vez no cine, trátase de representar ás tribos indias con fidelidade, neste caso aos Sioux, sen idealizalas pero tampouco demonizándoas; coma humanos cunha cultura distinta, a cal ten as súas luces e sombras; e intentando fuxir da perspectiva etnocentrista que caracterizara ata entón a representación de pobos non occidentais. Esta película ensínanos aos Sioux non coma un enemigo terrible ao que combater nin coma uns seres en total harmonía coa natureza, se non como personaxes complexos e cheos de aristas, cos que podemos empatizar facilmente. O filme tamén trata de expoñer a crueldade coa que os brancos masacra(ba)n a estas tribos.
A película procura ser o máis fiel posible á realidade, e nela podemos ver como vivía esta tribo: a súa linguaxe; os seus nomes, que non só servían para nombrar a unha persoa, e permitían coñecer parte da súa personalidade;como levaban a cabo as vodas; a caza de bisontes; os rituais arredor da fogueira; as tendas tipis nas que vivían... Algunhas destas costumes coiciden co imaxinario colectivo dos indios, e esta é unha das pricipais críticas dos nativos: reforzan os estereotipos sobre eles, sen amosar a diversidade de tribos que existiu, e que os brancos masacraron.
O filme tamén amósanos todos os prexuízos sobre os Sioux que existían (e existen), tanto ao principio do filma cando o tratan coma un tolo por querer ir á fronteira, coma cando os brancos chegan ao forte. Todos estes prexuízos van caendo polo seu propio peso co avance da película, conforme John vai coñecendo e apreciando a súa cultura.
Podemos sumar á lista de películas que non pasan o test de Bechdel. O único personaxe feminino con algo de peso é En Pé co Puño Alzado, que ten un papel secundario como tradutora e máis tarde como parella de John. A verdade é que as orixes deste personaxe chirríanme un pouco spoiler (matan a toda a súa familia e a ela a adoptan porque... patacas?) fin do spoiler, pero entendo a necesidade de este personaxe, que fai coma ponte entre ambas culturas e que a través da súa relación amorosa co protagonista permítenos ver como entendían as relacións amorosas os Sioux.
E falando de xéneros, en varias tribos (130 documentadas) existiu a figura do "two-spirits", que aínda que variaba lixeramente en cada tribo, eran homes e mulleres que adoptaban parte do rol contrario; eles desempeñaban actividades consideradas masculinas e femininas, e mantiñan relacións tanto con homes coma con mulleres; existen menos casos de mulleres two-spirits, pero ao parecer elas só mantiñan relacións con outras mulleres. Ambos defínense como que albergan un espíruto feminino e masculino á vez. Esta figura normalmente tiña algún posto destacado na tribo, como o de chamán. É certo que é unha figura moi complexa de entender (non podemos aplicarlles termos como trans, homosexualidade o bisexualidade; é totalmente aparte da nosa percepción do xénero e da sexualidade) pero moi interesante e que creo que merecía a pena representar. Se queredes ampliar a información na segunda temporada do documental Gaycation de Ellen Page hai un capítulo con varias entrevistas a indíxenas tratando o tema.
Dances with wolves é un western que marcou un antes e un despois no xénero, intentando amosar por unha representación xusta. A pesar de que a película é longa, non faise lenta, cada minuto extra da versión do director é aproveitado para explicar a evolución do personaxe principal e só engádelle máis realismo. É un pouco triste que tivera que ir un branco a dicir o que os nativos levaban anos dicindo para que finalmente lles prestaran atención ás súas revindicacións.
Opinións de persoas nativas (a quenes realmente debedes facer caso sobre se están ben representadas ou non, e non amin) aquí, aquí e aquí.
0 comentarios:
Publicar un comentario