lunes, 27 de febrero de 2017

Rebellion

 


Creada para a conmemoración do centenario do Alzamento de Pascua, Rebellion cóntanos a historia da rebelión que tivo lugar en Irlanda contra a autoridade de Reino Unido na primavera de 1916, eque da comezo á unha loita pola independencia do pobo irlandés, que tardará sete anos en resolverse.


A miniserie (vale, non é unha película como tal, pero dura catro horas e algo, considerádela un filme longo) comeza cun primeiro capítulo algo lento e dedicado exclusivamente á presentación dos personaxes que nos ensinarán o desenvolmento da rebelión. É xa no segundo e terceiro capítulo cando comeza a coller ritmo e cóntasenos a rebelión irlandesa, para rematar nos dous últimos capítulos coa súa represión e consecuencias para les revolucionaries.

Rebellion amósanos o Alzamento de Pascua dende a perspectiva de personaxes con condicións sociais totalmente distinas: un soldado pobre que se une ao exército británico para alimentar á súa famila; o seu irmán, unha das figuras socialistas máis importantes na rebelión; unha moza que decide abandoar á súa familia burguesa e non acudir á súa propia voda para apoiar no que cree... Diferentes perspectivas que nos permínten apreciar as ansias do pobo máis humilde e pobre de emanciparse de Reino Unido, a quen consideran causante dos seus problemas, fronte a unha burguesía acomodada a quen interésalle o apoio británico e oponse ao movemento.

Podo casarme con esta escea?
En esta  ̶o̶b̶r̶a̶ ̶d̶e̶ ̶a̶r̶t̶e̶  serie amósanos o certo carácter socialista da rebelión, que a pesar de non ser a ideoloxía dominante, fixo que a Igrexa católica retirase o seu apoio ao alzamento, e que preferiu manterse ao marxe. Os Voluntarios Irlandeses e o Exército, organizados por a IRB (Hirmandade Republicana Irlandesa, levaron a cabo unha revolución aproveitando a súa posición neutral na Primeira Guerra Mundial e a involucración nesta de Reino Unido, pero a sabendas do seu moi problable fracaso debido á superioridade do exército británico e aos seus maiores recursos; e cando este ten lugar negando aínda así o poder no goberno e na xustiza dos británicos, polo que en lugar dun xuízo son conscientes de que o seu destino é a morte. O Alzamento de Pascua foi erróneamente atribuído ao partido Sinn Fein, que nese momento tiña un corte monárquico.


Un dos puntos máis fortes da serie son os porsonaxes: carismáticos e cun trasfondo ben logrado, que fai que en seguida lles teñas apego. Neste aspecto destacan elas, Rebellion pasa o test de Bechdel sobradamente, e non mediante un diálogo casual, senón con personaxes fortes e ben construídas, con incluso un atisbo de representación LGBT real, non shippeos nosos; sen as que a historia carecería totalmente de sentido.


MIÑA FILLA


Os principais erros da película atópanse nun guión algo lento, que non chega a resultar sopífero, pero que fai que en certos momentos ansíes algo de acción. Por outra banda, ao tratarse dunha producción irlandesa, contan cunha formación da súa historia irlandesa coa que ás persoas estranxeiras non contan e poden chegar a sentirse algo perdidas. Por último, e supoño que en previsión dunha segunda temporada aínda non confirmada, o final é demasiado aberto e non explica as consecuencias menos inmmediatas do Alzamento de Pascua.

Non sabes o difícil que foi atopar gifs da serie

Rebellion é unha producción irlandesa que con poucos medios consegue contarnos un dos episodios máis importantes da súa historia, sendo capaz de por ao espectadore no lugar des revolucionaries.

Puntuación:





2 comentarios: