Aviso que a crítica conterá spoilers da película, pero así como resumo: todo mal, se queres ver unha película do estilo mirade Dances with wolves.
No século XIX Xapón pretende porse á altura das potencias imperialistas occidentais, e contrata a expertos de todo o mundo para poder logralo. É así como en 1876 chega o noso protagonista, Nathan Algren , un afamado soldado americano que combateu contra os indios, cun pasado cheo de dor e desolación que turban o seu presente que acabará convertíndose nun heroe (os clichés só acaban de comezar).
A película ten ,aínda que son escasos, os seus puntos fortes. Un deles é que representa moi ben o conflicto no que se atopaba a poboación xaponesa: por unha banda sentía a necesidade de adoptar a forma de vida e costumes das pontencias imperialistas se querían competir contra elas, pero pola outra parte non querían deixar atrás a súa tradición e cultura. Tamén ten esceas moi boas, como cando Kata axuda ao protagonista a porse a armadura propia dos samurais, consegue transmitir moito sen necesidade de diálogos.
A historia que conta está baseada nunha historia real, pero modificada, a do verdadeiro último samurai: Saigo Takamori. A película plantéanos moi ben esta situación, con Xapón intendando adaptarse ás potencias occidentais, un samurai que ata o momento servía ao emperador, decide desligarse completamente do Estado debido á crecente corrupción política e ao abandono das
costumbres xaponesas. Como na película, enfréntase ao emperador cun pequeno exército de samurais en clara desventaxa numérica e tecnolóxica, co obxectivo de combater ás malas influencias que o rodeaban. Obviamente perden, pero con honra e loitando polo que crían correcto. Esta figura vese representada por Katsumoto, que sen necesidade de ningún tráxico heroe americano liderou o seu exército. Anos despois foi perdoado polo emperador e actualmente é considerado coma un heroe.
Un dos maiores problemas da película son os personaxes: totalmente planos e sen matices; o bo e moi bo porque ten que selo, e o malo é malo porque tocoulle o papel de malo. Non chegas a empatizar cos personaxes, non entendes as súas motivacións, que é o que os move. No protagonista si que o vemos; primero interésalle o diñéiro, e despois é a lealdade aos samurais o que fai que loite, e cunha evolución rápida e moi torpe facendo a película moito menos creíbel. Tamén chámame a atención o personaxe do emperador, que está totalmente idiotizado; entendo que quixeran amosar a súa inexperiencia gobernando, pero el e Omura (o malo) danme a sensación de ser parodias máis que persoas debido a que os simplifican ata levalo ao absurdo.
Aquí facendo amigos |
Outra das cousas que non entendo de The Last Samurai é o personaxe de Kata e a súa familia. Despois de que Nathan matara ao seu esposo, vese obrigada por Katsumoto a acollelo na súa casa, e ela non deixa de amosar o seu descontento con isto, algo totalmente entendible; pero os seus fillos non gardan ningún rencor cara o protagonista, que recordemos que matou ao seu pai. Ao final do filme os guionistas acaban xuntando a Nathan e Kata, forzando unha relación de amor totalmente innecesaria, e a cal creo que lle quita realismo ao filme.
Outro dos seus erros son as batallas e as coreografías dos combates; na loita final, a pesar de que o exército dos samurais eran catro gatos, unha vez empeza a morrer xente saen samurais de debaixo das pedras, un número moito máis alto da cifra que nomearan previamente. Por outra banda, as coreografías das peleas son espantosas, víchedes a 5ª temporada de Game of Thrones, na que as peleas das Serpes de Area dan risa? Pois igual.
Para rematar, é de decir que a pesar de non ser unha boa película, é entretida e consegue que o espectador non se aburra mentres a ve, de ahí que vou a aprobala, pero segue tendo demasiados fallos, tanto técnicos coma de guión. A verdade é que parece unha copia/remake hollywoodiense de Dances with wolves en Xapón, e que como todo remake de Hollywood, saiu mal.
Son fan das rajadas by Anxos. Por varios motivos: o primeiro é que considero que trátase de aprender a pensar... e de atreverse a facelo en voz alta; e nos teus posts fas ambas cousas. O segundo é que se trata de descubrir o cine: abrir a mente, ver pelis que quizais non escolleríamos e facelo baixo unha mirada esperta (no sentido de activa) e crítica... baixo a nosa mirada persoal; e iso tamén está nos teus posts. E por último, por como comunicas, tanto no visual (eses gifs magnéticos) como na escrita (con opinións directas e impactantes). Por iso son fan das "rajadas" e celebro que elixiras esta palabra, informal pero certeira como un punto sobre o i.
ResponderEliminarCoincido en moitos aspectos: versión máis hollywodiense da película de Kevin Costner, personaxes absurdamente maniqueos, historia de amor inverosímil... Si que son un pouco máis benevolente con algunhas secuencias, como as dos combates (que saibas que obrigáchesme a ver o das Serpes da Area... e paréceme máis falsa e de postín que calquera das da nosa peli)... e hai aspectos xerais que melloran o filme, como o vestuario ou a banda sonora, como todas as de Hans Zimmer. Pero si, se cadra o regusto que deixa é demasiado comercial para o potencial que tiña esta historia... Mágoa que non foran os xaponeses os que a contaran (polo menos como copartícipes).