domingo, 26 de febrero de 2017

O perfume: historia dun asasino







Ambientada na Francia do século XVIII, “O perfume” adapta o libro homónimo escrito por Patrick Süskind, contándonos a historia de Jean Baptiste Grenouille, un xoven perfumista. O protagonista é presentado co seu nacemento, nun dos barrios máis pobres de París rodeado de basura e desperdicios de pescado, e rexeitado pola súa nai nada maís nacer; como un pequeno preludio do que veremos no resto da película, amosásenos xa a importancia dos olores e o

amor (ou a falta de este) na súa vida. As autoridades fanse cargo de el, e o mandan a un orfanato, onde crece rodeado de hostilidade e de desconfianza debido á que carecía por completo de olor, aínda que a cambio está dotado dun sentido do olfacto extraordinario. Anos despoi, tras traballar curtindo peles, consegue ser o aprendiz do perfumista Baldini, quen lle ensina a destilar esencias e crear perfumes, pero Grenouille vive obsesionado en atrapar todos os aromas, concretamente, o das mulleres.


Ambientada en pleno Antigo Réxime francés, na película podemos ver reflexados distintos elementos da sociedade estamental: a extrema pobreza e as lamentables condicións de vida do terceiro estado a través da vida de Grenouille, en contraste cos luxos, como os perfumes, da nobreza, que pode verse perfectamente representado na familia Richis. Tamén podemos apreciar a funcionamento dos gremios, como o dos perfumeiros que le ensinan ao protagonista, en Grasse, outra forma de obter fragancias) e o auxe da burguesía, como vese grazas ao personaxe Baldini. Ademáis, tamén vese representado o poder da Igrexa a través da figura do bispo, como influenza e asusta á población ao asociar co demo os asasinatos cometidos por Grenouille; e a loita das crenzas relixiosas contra a razón, como vemos cando reúnense os nobres para debatir sobre como proceder ante os asasinatos.




Jean Baptiste Grenouille, o protagonista da película, é un xoven cun sentido do olfacto extraordinario e que carece dun olor propio. Foi abandoado pola súa nai nada máis nacer, e pasou a súa infancia nun orfanato, ata que a muller que o rexentaba vendeuno a unha curtidoría, a través da cal ponse en contacto co perfumista Guiseppe Baldini, quen ensínalle como crear perfumes. Grenouille é unha persoa fría e incapaz de amar máis aló das fragancias, e está obsesionado con captar o aroma de certas mulleres para crear o perfume perfecto.


Giuseppe Baldini era un perfumista en París que tivera moito éxito nos seus inicios, pero que no momento no que o coñece Grenouille o seu negocio está en clara decadencia. Aprovéitase da habilidade do protagonista para revitalizar o seu negocio, a cambio de ensinarlle a este como crear perfumes. Cando Grenouille márchase a Grasse para aprender novas técnicas.

Antoine Richis é un membro da nobreza en Grasse. O máis importante para él é a súa filla, Laure. Cando comezan os asasinatos descobre que Grenouille quere matala, polo que o seu papel no filme é intentar capturalo.

Laure Richis é a bella filla de Antoine Richis, e unha das mulleres cas que Grenouille obsesiónase e remata matando. É curioso como a pesar de que a película xira en torno á obsesión de Grenouille cas mulleres, a película está lonxe de pasar o test de Bechdel. E non soamente iso, senón que as personaxes femininas cun mínimo de relevancia aparecen hipersexualizadas (non creo que me equivoque se digo que aparecen máis planos do peito da primeira vítima que da súa cara) e idiotizados, miremos a Laure, que non é mais ca un trofeo que se disputan o seu pai e Grenouille.

No filme aparecen varios elementos anacrónicos, como cando finalmente Druot é condeado en lugar de Grenouille e é aforcado, na plataforma na que se atopaba ábrese un oco, de forma que o acusado falece inmediatamente porque rómpeselle o pescozo. Esta técnica non foi introducida en francia ata o século XIX, ata ese momento o acusado morría aforcado. Tamén estaría mal o feito de que véase depilada a Laura Richis na escea na que sae da bañeira, xa que habería que esperar ata os anos 60 para que a depilación feminina estendérase. Outros erros de menor importancia (e só visibles para os duros e atentos críticos de imdb) son a aparición dunha especie de lavanda que non sería descuberta ata o século seguinte; e a dun can pequinés que non chegaría a Europa ata mediados do século XIX. Hai elementos, como os fogos artificiais, que poden parecer fora de lugar, pero existe constancia de que chegaran a Europa no 1258, aínda que non sería ata o século XIX cando conseguiríase engadirlles a súa cor.




O perfume é unha película que nalgúns momentos pode chegar a facerse algo lenta, tal vez debido aos escasos diálogos, pero sin duda compensado pola habilidade de o directos ao transmitirnos olores a través de imaxes e a gran historia que conta.

Puntuación:




1 comentario: