sábado, 24 de junio de 2017

Hotaru no Haka (A tumba dos vagalumes)



Segunda Guerra Mundial, Xapón. Dous irmáns, o maior, Seita, e a súa irmá Setsuko, fillos dun oficial da mariña xaponesa que viven en Kobe. Durante un bombardeo estadounidense á súa cidade, os irmáns non chegan ao búnker onde a súa nai espéraos, e, cando finalmente a atopan, está ferida mortalmtente na escola, que se convertera nun hospital de urxencia.

A tumba dos vagalumes, sen necesidade de escenas de acción nin de amosar unha violencia explícita; conta unha historia moi dura que consegue atrapar ao espectador e conmovelo (se a vedes preparade pañuelos). Sen grandes esceas, sen batallas nin soldados mortos, o filme transmite unha idea antibelicista (aínda que o director renega desta interpretación), que cala naquel que vea a película ao ver a mirada perdida de Setsuke, ou os intentos do seu irmán por tratar de que todo sexa o menos traumatizante posible para ela.

Baseándose no libro homónimo escrito por Isao Takahata e dirixia por el mesmo baseándose nas experciencias que viviu na guerra, o filme amosa que as películas de animación, ao contrario do que nos ten acostumados Disney, non son todas para nenos e que son capaces de transmitir como calquera superprodución de Hollywood, o incluso máis.


Puntuación:

Good Bye, Lenin!


Berlín, outubro de 1989, a piques de caer o muro de Berlín que dividía esta cidade entre a RDA e a RFA, Cristiane, quen entregouse totalmente ao traballo para lograr o ideal socialista, cae en coma ao ver ao seu fillo nunha manifestación contra o goberno. Tras despertar, oito meses máis tarde, xa tras a caída do muro e cunha Alemaña reunificada e capitalista, o seu fillo Alexander fará todo o posible para que ela non se decate de isto debido á súa delicada condición de saúde, creando unha pequena illa no seu apartamento onde o a Alemaña socialista todavía pervive.

A nivel histórico, o filme amósanos a forma de vida na Alemaña comunista: o funcionamento da economía, a política do país, a distribución dos produtos (como os trámites para adquirir un Trabant), o forte control das fronteiras... Tamén permítenos ver a transición do comunismo ao capitalismo que tivo lugar, o cambio que supuxo nas vidas dos seus habitantes, para ben e para mal, e como estes adáptanse aos cambios.


Good Bye, Lenin! é unha película que trata de alonxarse da típica representación do comunismo e amosar os pros e os contras de cada sistema, sen clasificar en "os bos" e "os malos". Dende unha perspectiva algo irónica, e con momentos de gran tensión, o filme móstranos unha historia emotiva, na que un protagonista comprometido, igual ca a súa nai, está disposto a facer o que sexa por ela. Un dos mellores puntos da película é a construcción dos personaxes, que son complexos e con aristas, cos que é fácil empatizar e no que as mulleres levan un gran peso da historia, pasando finalmente o Test de Bechdel.



Puntuación: 





jueves, 22 de junio de 2017

Bienvenue à Marly-Gomont



Bienvenue à Marly-Gomont, baseada na vida do pai do músico Kamini, cóntanos a historia do doutor Zantoko, orixinario de Kinshasa, o Congo, quen acepta unha vacante de médico rural nunha pequena vila de Francia en 1976 coa intención de poder ofrecerlle unha mellor educación aos seus fillos. Alí terá que enfrentarse ao racismo dos seus habitantes, quenes nunca viran a unha persoa negra e que amosan un claro rexeitamento.

A película xira en torno a unha familia cristiá, africana e de clase media, acostumada á vida na cidade, formada por Anne Zantoko quen soña con vivir unha vida case idílica en París, Seyolo Zantoko, que ao ter estudado en Francia previamente sabe aos problemas cos que se teñen que enfrontar as persoas africanas en Occidente, e os seus fillos.

O filme trata unha temática antirracista, amosándonos todo o odio que recibe a familia. Dende a súa chegada á vila vemos o desprezo que amosan os seus habitantes: ninguén acude á consulta do doutor a pesar de que o seguinte médico máis cercano está a 15km, os seus fillos son obxecto de continuas burlas na escola, tratan á nai como se fose idiota... Entre outras moitas cousas que nos amosan. A pesar do claro rexeitamento que amosan os vilegos, o doutor non perde a esperanza e trata por todos os medios de conseguir ser aceptado pola poboación branca, de amosar que son persoas* ao igual ca eles, que son dignos de respeto. Isto tamén dá pé ao director a amosarnos o conflicto no que se atopa a familia respecto á súa propia cultura, que se ve obrigada a rexeitar para encaixar.

Bienvenue à Marly-Gomont é unha película con bo ritmo, que non faise pesada e que consegue transmitir moito ao espectador. Aínda que non destaca especialmente nos apartados técnicos, nin o guión é espectacular, consegue o seu obxectivo: unha clara denuncia ao racismo, aínda que creo que deixa a idea de que o racismo é cousa do pasado, cando nós aún podemos reproducir (con ou sen intención) estas actitudes.

Déixovos por aquí a única critica que atopei da película (que a todo, pasa o test de Bechdel) dunha persoa racializada.

*Matizo (grazas Miry pola corrección): coa frase "amosar que son persoas" refírome a que teñen que demostrar constantemente que son seres humanos que sinten e pacen, non que debamos deixar de lado o análise de raza (entendida como un constructo social) porque ao fin e ao cabo somos todos persoas. As presións, xa sexan de xénero, raza, clase ou pola sexualidade danse precisamente por estas condicións, eleminar estes factores o único que fai é darnos solucións provisionais e non atacar á raíz do problema.

Puntuación:


lunes, 5 de junio de 2017

Ladri di biciclette


Ambientada en Italia tras a Segunda Guerra Mundial, a película cóntanos a historia dun obreiro en paro que consegue traballo pegando carteis, coa única condición de que debe posuír unha bicicleta. Tras conseguir unha con gran dificultade debido á súa situación económica, lla rouban durante o seu primerio día de traballo. Así, comeza a súa busca xunto co seu fillo Bruno, desesperados por recuperar o único que lle pode dar ingresos á familia.
Cun argumento moi simple, o filme consegue arapar ao espectador e polo na situación na que se atopa o protagonista. A tensión mentres esperas que lle rouben a bicicleta (porque é obvio que lla van a roubar, e o director xoga con iso); a súa desesperación, xa non só por el mismo, senón porque esa bicicleta é a única forma de conseguir alimentar á súa familia; as súas disputas internas entre facer o que cree correcto ou o que é necesario para sobrevivir... E a actuación do neno, que é simplemente brillante, chegando a transmitir tanto o incluso máis ca o seu pai.



O ladón de bicicletas e un claro exemplo de neorrealismo italiano, unha corrente cinematográfica que xurdiu tras a Segunda Guerra Mundial, e que utiliza como escenarios as propias rúas das cidades italianas e como actores e actrices xente de a pe. Isto engádelle un gran valor histórico ao filme, o que vemos non son recreacións, son o día a día da poboación da época.

Esta película non é a típica palomitera de Hollywood que podes sentarte a ver e desconectar, polo que non a recomendo se é iso o que buscades, pero se queredes descubrir un outro tipo de cine recoméndoa totalmente, de verdade que merece a pena. Unha das poucas pegas que lle atopo é, como en case todas as películas que levamos visto durante o curso, é a falta de representación feminina.

Puntuación:


sábado, 3 de junio de 2017

Johnny Got His Gun


Johnny Got His Gun cóntanos a historia dun xoven combantente da Primeira Guerra Mundial que durante esta foi ferido por unha bomba que deixouno totalmente mutilado; sen brazos, sen pernas, cego, sordo e mundo, sen posibilidade de comunicarse co seu entorno. É así como esperta o noso protagonista no hospital, confuso e sen saber que acontece. Pouco a pouco va tomando consciencia da súa situación e tratará de comunicarse co seu entorno.


Todo o filme xira en torno á mente de Johnny e como este percibe o mundo. Para isto, o director (que adapta o seu propio libro) válese de flashbacks mesturados con alucinacións, onde non queda de todo claro que é real e que é froito dos desvaríos do protagonista, en cor e de esceas do que percibe no momento en branco e negro; buscando representar (creo) a parte da súa vida que realmente disfrutou, e a parte que só é confusión, incapacidade de comunicarse co exterior e sufrimento.

Dalton Trumbo, o director, fixo a película cunha intención claramente antibelicista que nos conta os horrores da guerra e que é unha continuación dunha patriótica canción estadounidense que invita aos seus cidadáns a participar na guerra, na que obviamente EEUU sempre loita pola liberdade e uns valores xustos e na que eles serán considerados uns heroes.


Outro dos temas nos que se posiciona o director é a eutanasia, coa que está claramente a favor. De que serve seguir vivindo se non podes comunicarte con ninguén, se non podes facer o que che gusta, se non podes moverte, se case non podes sentir nada, se non podes nin tan sequera algo tan simple como ver a luz do sol, e todo o que sintes é dor e frustración?


Johnny Got His Gun non é unha película que lle vaia a gustar a todo o mundo debido á súa falta de acción e que cara ao final algúns flasbacks xa son innecesarios, pero que transmite unha clara mensaxe política dunha forma pouco habitual.

Puntuación:







lunes, 24 de abril de 2017

The Last Samurai


Aviso que a crítica conterá spoilers da película, pero así como resumo: todo mal, se queres ver unha película do estilo mirade Dances with wolves.

No século XIX Xapón pretende porse á altura das potencias imperialistas occidentais, e contrata a expertos de todo o mundo para poder logralo. É así como en 1876 chega o noso protagonista, Nathan Algren , un afamado soldado americano que combateu contra os indios, cun pasado cheo de dor e desolación que turban o seu presente que acabará convertíndose nun heroe (os clichés só acaban de comezar).


A película ten ,aínda que son escasos, os seus puntos fortes. Un deles é que representa moi ben o conflicto no que se atopaba a poboación xaponesa: por unha banda sentía a necesidade de adoptar a forma de vida e costumes das pontencias imperialistas se querían competir contra elas, pero pola outra parte non querían deixar atrás a súa tradición e cultura. Tamén ten esceas moi boas, como cando Kata axuda ao protagonista a porse a armadura propia dos samurais, consegue transmitir moito sen necesidade de diálogos.

A historia que conta está baseada nunha historia real, pero modificada, a do verdadeiro último samurai: Saigo Takamori. A película plantéanos moi ben esta situación, con Xapón intendando adaptarse ás potencias occidentais, un samurai que ata o momento servía ao emperador, decide desligarse completamente do Estado debido á crecente corrupción política e ao abandono das
costumbres xaponesas. Como na película, enfréntase ao emperador cun pequeno exército de samurais en clara desventaxa numérica e tecnolóxica, co obxectivo de combater ás malas influencias que o rodeaban. Obviamente perden, pero con honra e loitando polo que crían correcto. Esta figura vese representada por Katsumoto, que sen necesidade de ningún tráxico heroe americano liderou o seu exército. Anos despois foi perdoado polo emperador e actualmente é considerado coma un heroe.

Un dos maiores problemas da película son os personaxes: totalmente planos e sen matices; o bo e moi bo porque ten que selo, e o malo é malo porque tocoulle o papel de malo. Non chegas a empatizar cos personaxes, non entendes as súas motivacións, que é o que os move. No protagonista si que o vemos; primero interésalle o diñéiro, e despois é a lealdade aos samurais o que fai que loite, e cunha evolución rápida e moi torpe facendo a película moito menos creíbel. Tamén chámame a atención o personaxe do emperador, que está totalmente idiotizado; entendo que quixeran amosar a súa inexperiencia gobernando, pero el e Omura (o malo) danme a sensación de ser parodias máis que persoas debido a que os simplifican ata levalo ao absurdo.


Aquí facendo amigos

Outra das cousas que non entendo de The Last Samurai é o personaxe de Kata e a súa familia. Despois de que Nathan matara ao seu esposo, vese obrigada por Katsumoto a acollelo na súa casa, e ela non deixa de amosar o seu descontento con isto, algo totalmente entendible; pero os seus fillos non gardan ningún rencor cara o protagonista, que recordemos que matou ao seu pai. Ao final do filme os guionistas acaban xuntando a Nathan e Kata, forzando unha relación de amor totalmente innecesaria, e a cal creo que lle quita realismo ao filme.

Outro dos seus erros son as batallas e as coreografías dos combates; na loita final, a pesar de que o exército dos samurais eran catro gatos, unha vez empeza a morrer xente saen samurais de debaixo das pedras, un número moito máis alto da cifra que nomearan previamente. Por outra banda, as coreografías das peleas son espantosas, víchedes a 5ª temporada de Game of Thrones, na que as peleas das Serpes de Area dan risa? Pois igual. 

Para rematar, é de decir que a pesar de non ser unha boa película, é entretida e consegue que o espectador non se aburra mentres a ve, de ahí que vou a aprobala, pero segue tendo demasiados fallos, tanto técnicos coma de guión. A verdade é que parece unha copia/remake hollywoodiense de Dances with wolves en Xapón, e que como todo remake de Hollywood, saiu mal.


Puntuación:


viernes, 21 de abril de 2017

Dances with wolves



Durante a colonización do Oeste, o teniente John Dumbar decide dirixirse a un lonxano posto fronterizo abandoado polos soldados. Alí comeza a vivir en completa soidade, a cal impúlsao a entrar en contacto coa tribo dos Sioux, cos que pouco a pouco consegue entablar unha relación de respeto e admiración mutuos.

Dances with wolves, supuxo un punto de inflexión no xénero dos westerns. Por primeira vez no cine, trátase de representar ás tribos indias con fidelidade, neste caso aos Sioux, sen idealizalas pero tampouco demonizándoas; coma humanos cunha cultura distinta, a cal ten as súas luces e sombras; e intentando fuxir da perspectiva etnocentrista que caracterizara ata entón a representación de pobos non occidentais. Esta película ensínanos aos Sioux non coma un enemigo terrible ao que combater nin coma uns seres en total harmonía coa natureza, se non como personaxes complexos e cheos de aristas, cos que podemos empatizar facilmente. O filme tamén trata de expoñer a crueldade coa que os brancos masacra(ba)n a estas tribos.

A película procura ser o máis fiel posible á realidade, e nela podemos ver como vivía esta tribo: a súa linguaxe; os seus nomes, que non só servían para nombrar a unha persoa, e permitían coñecer parte da súa personalidade;como levaban a cabo as vodas; a caza de bisontes; os rituais arredor da fogueira; as tendas tipis nas que vivían... Algunhas destas costumes coiciden co imaxinario colectivo dos indios, e esta é unha das pricipais críticas dos nativos: reforzan os estereotipos sobre eles, sen amosar a diversidade de tribos que existiu, e que os brancos masacraron.


O filme tamén amósanos todos os prexuízos sobre os Sioux que existían (e existen), tanto ao principio do filma cando o tratan coma un tolo por querer ir á fronteira, coma cando os brancos chegan ao forte. Todos estes prexuízos van caendo polo seu propio peso co avance da película, conforme John vai coñecendo e apreciando a súa cultura.


Podemos sumar á lista de películas que non pasan o test de Bechdel. O único personaxe feminino con algo de peso é En Pé co Puño Alzado, que ten un papel secundario como tradutora e máis tarde como parella de John. A verdade é que as orixes deste personaxe chirríanme un pouco spoiler (matan a toda a súa familia e a ela a adoptan porque... patacas?) fin do spoiler, pero entendo a necesidade de este personaxe, que fai coma ponte entre ambas culturas e que a través da súa relación amorosa co protagonista permítenos ver como entendían as relacións amorosas os Sioux.

E falando de xéneros, en varias tribos (130 documentadas) existiu a figura do "two-spirits", que aínda que variaba lixeramente en cada tribo, eran homes e mulleres que adoptaban parte do rol contrario; eles desempeñaban actividades consideradas masculinas e femininas, e mantiñan relacións tanto con homes coma con mulleres; existen menos casos de mulleres two-spirits, pero ao parecer elas só mantiñan relacións con outras mulleres. Ambos defínense como que albergan un espíruto feminino e masculino á vez. Esta figura normalmente tiña algún posto destacado na tribo, como o de chamán. É certo que é unha figura moi complexa de entender (non podemos aplicarlles termos como trans, homosexualidade o bisexualidade; é totalmente aparte da nosa percepción do xénero e da sexualidade) pero moi interesante e que creo que merecía a pena representar. Se queredes ampliar a información na segunda temporada do documental Gaycation de Ellen Page hai un capítulo con varias entrevistas a indíxenas tratando o tema.

Dances with wolves é un western que marcou un antes e un despois no xénero, intentando amosar por unha representación xusta. A pesar de que a película é longa, non faise lenta, cada minuto extra da versión do director é aproveitado para explicar a evolución do personaxe principal e só engádelle máis realismo. É un pouco triste que tivera que ir un branco a dicir o que os nativos levaban anos dicindo para que finalmente lles prestaran atención ás súas revindicacións.

Opinións de persoas nativas (a quenes realmente debedes facer caso sobre se están ben representadas ou non, e non  amin) aquí, aquí e aquí.


Puntuación: