lunes, 2 de enero de 2017

Ola!

Ola a todxs e benvidxs ao meu blog! Eu chámome Anxos e son unha estudante de 1º de BACH do Ies San Paio, en Tui. Creo este blog para unha asignatura chamada Historia no cine, na que, como o seu propio nome indica, tratamos de ver as distintas etapas da Historia mediante películas. Como a imparitimos paralelamente á asignatura Historia Contemporánea, comezamos visualizando o Antigo Réxime, xa que é aí onde comeza esta materia.

Neste blog irei publicando críticas das distintas películas que vexamos durante o curso, tratando de relacionalas coa Historia, e para que enganarnos, tamén son bastante pesada co activismo, así que tamén o tratarei a través de elas (representación e como é esta, e esas cousas). Quen avisa non é traidor.

                                                                   
                                                                       Vémonos pronto!