lunes, 2 de enero de 2017

Ola!

Ola a todxs e benvidxs ao meu blog! Eu chámome Anxos e son unha estudante de 1º de BACH do Ies San Paio, en Tui. Creo este blog para unha asignatura chamada Historia no cine, na que, como o seu propio nome indica, tratamos de ver as distintas etapas da Historia mediante películas. Como a imparitimos paralelamente á asignatura Historia Contemporánea, comezamos visualizando o Antigo Réxime, xa que é aí onde comeza esta materia.

Neste blog irei publicando críticas das distintas películas que vexamos durante o curso, tratando de relacionalas coa Historia, e para que enganarnos, tamén son bastante pesada co activismo, así que tamén o tratarei a través de elas (representación e como é esta, e esas cousas). Quen avisa non é traidor.

                                                                   
                                                                       Vémonos pronto!




6 comentarios:

  1. Gústame o estilo directo, coloquial e desenfadado. Transmite honestidade e un buscador de críticas de cine supoño que é algo que valora moito. Gústanme os gifts, porque captan ao bestia a atención do lector (de feito, non son capaz de escribir isto sen mirar de esguello á muller que me saluda desde arriba)... aínda que, como ves, poden resultar algo agresivos. Gústame o About Me, especialmente o "penso rajar...", e tamén que xa vaias etiquetando o contido que publicas. Desexando ler críticas desde o punto de vista dunha rajadora, historiadora e activista!, pero... as x como alternativa ao xénero das palabras son necesarias? :)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois claro que son necesarias! Senón no estarían aí, non cres? (Aviso que vai unnha parrafada)

      Con exemplos enténdese todo mellor: vou a dicir unha serie de palabras e ti tes que imaxinar o que representan, e antes de ler a seguinte tes que ter unha imaxe clara na túa cabeza. Fácil, non? Aí van: seres humanos, enfermeiros, presidentes e carpinteiros. Que imaxinaches cando dixen ser humano? Xógome o que queiras a que foi homes o viches, e non a mulleres ou un grupo mixto. Igual que con carpinteiros e presidentes, ou con enfermeiros, que é unha profesión na que predomian as mulleres. Isto é o androcentrismo.

      A análise feminista baséase en catro conceptos: o patriarcado, o xénero, o sexismo e o androcentrismo. Cando falamos da linguaxe é este último o que nos interesa. O androcentrismo consiste (a grandes rasgos) en considerarvos aos homes como medida de todas as cousas, como centro do universo, e isto refléxase na linguaxe.(min.0:50-2:42 https://www.youtube.com/watch?v=3TrXPZ1Yypc , Ayme non fala en concreto da linguaxe inclusiva, pero si esboza moi ben o concepto do andoncentrismo neste fragmento, e recomento encarecidamente ver todo o vídeo, máis informacion, páx.144 http://mujerfariana.org/images/pdf/Varela-Nuria---Feminismo-Para-Principiantes.pdf ).

      Se non imaxinaches a mulleres nas palabras anteriores foi por algo. A linguaxe é algo artificial creado por un pobo para representar a súa realidade, e se esa realidade é machista, a linguaxe o vai ser tamén. O que non se nombra non existe, e utilizar o masculino xenérico porque "sempre se fixo así" paréceme ignorar a metade da poboación de forma moi gratuíta.

      Existen outras alternativas ao X como marca de xénero, como os desdobramentos (que si que na linguaxe oral son algo engorrosos), ou o E. Obviamente, esto non existía na linguaxe, pero a linguaxe a creamos os falantes día a día, ese usamos termos como twitter (tuitear para os máis puristas), por que cústanos tanto o uso da linguaxe inclusiva? Ningunha de estas formas está aceptada na RAE, obviamente todavía non conta co aceptamento da maioría da poboación, e iso sumado a que é un nido de misóxinos, como amosa aquí (http://www.perezreverte.com/articulo/patentes-corso/156/mujeres-como-las-de-antes/ ) o gran Pérez-Reverte... Non é unha boa combinación. En España a linguaxe inclusiva parece lonxana, pero en Suecia xa é unha realidade: http://www.lavanguardia.com/vida/20150328/54429302071/suecia-oficializa-pronombre-neutro.html


      Alégrame que che gustara o estilo do blog!

      Aportación de Ana: o gif é de Momo, unha integrante do grupo coreano Twice.

      Eliminar
    2. Costoume recuperarme do noqueo, pero aquí estou. A parrafada é longa, pero explícaste moi ben e entendo o teu punto de vista. A ver se son quen de comentalo.

      Fixen o exercicio proposto no exemplo pero confeso que os resultados non concordan moito coa hipótese. En ser humano imaxinei unha masa de persoas; en enfermeiros imaxinei unha muller; en presidente non fun capaz de borrar da mente a imaxe de Rajoy (e xa o sinto); e en carpinteiro, cousas de familia, sáeme inevitablemente a imaxe de meu avó. Tampouco cando digo alumnos, ou profesores, me aborda a imaxe de facianas masculinas. Non sei se o crerás ou non, pero é así. Penso que teño tan asimilado que somos mulleres e homes os que formamos isto, que o uso do xénero masculino en "médicos" non evita que visualice á miña doutora de cabeceira; igual que o feito de que habitualmente se use o feminino para "a policía" (así, en xenérico... porque o xenérico ás veces tamén é feminino) non fai que me veña á cabeza unha muller uniformada e armada. Son os feitos, máis que as palabras, o que da visibilidade ás cousas. Cando eu era pequeno, ninguén empregaba médica ou xuíza, porque apenas se vían; en cambio, diría que hoxe só os máis recalcitrantemente machistas, serían quen de negarse a usar esas palabras, porque os cambios sociais obrigan que os utilicemos. E xa era hora!

      Admito a existencia do machismo, que denosto e que é un problema social moi grave. O androcentrismo do que falas é un resultado lóxico duns procesos históricos que estiveron case sempre monopolizados polos homes. É por iso que a literatura, a historia ou a mitoloxía están feitos maioritariamente de aportacións masculinas, porque no pasado os homes se ocuparon, como o fixo a Igrexa por exemplo, de lexislar e establecer un orde social feito á súa medida e a costa dos dereitos das mulleres. Sobra dicir que non estou feliz de que isto fora así, e moito menos de que algúns aspiren a que o siga sendo. O "sempre se fixo así" non é un argumento válido, senón máis ben a barreira que poñen os que non están interesados en que as cousas cambien. Persoalmente, non é un argumento que admita. É precisamente o cambio social, como no exemplo do parágrafo anterior, o que está facendo que as profesións e os logros deixen de ser vistos como un mundo de homes. Hoxe, por exemplo, é moito máis frecuente acudir a unha psicóloga que a un psicólogo. Por moito que lea "psicólogos", eu imaxino unha muller.

      Dito isto, entendo a necesidade de seguir traballando pola igualdade entre sexos, e tamén o propósito e a boa vontade da linguaxe inclusiva. Pero recoñezo que as alternativas propostas non rematan de animarme a usalas. A comunicación é unha ferramenta e todos queremos algo que axilice a comunicación. Como se le "alumnxs"? Nese sentido, prefiro a opción Edu: prefiro usar o feminino que ter que usar ambos ao mesmo tempo. Pero claro, esta é unha opinión persoal, eu son home e sei que ao dicir isto, podo estar transmitindo que son un machista empedernido. Tamén a RAE, cando se pronuncia en contra de admitir tal ou cal proposta e o xustifica alegando que non ten presenza na comunicación na rúa, asume o mesmo risco: "vai por detrás" (e así entendo que debe ser) ou "é un niño de misóxinos" (que non digo que non, aínda que nela hai tamén mulleres). Sobre o gran Pérez-Reverte, é un escritor que admiro por varios motivos: porque me divirten as súas novelas, porque escribe situando personaxes na Historia e porque se atreve a dicir o que pensa. O artigo que mencionas é deleznable por motivos obvios. Non me gusta e en primeira instancia incluso non o entendo, porque lin todas as súas novelas, e en moitas delas as mulleres son protagonistas e amosan claramente valores e cualidades que as sitúan por enriba. Supoño que é un fillo doutro tempo, que medrou con outro cine e outros libros, e dalgún xeito acaba aflorando o punto de vista machista que transmite nese artigo. Non o desculpo, non me gusta.

      Entón, pasaremos a dicir "les alumnes" ou algo así?

      Eliminar
    3. Prométoche que o exercicio adoita funcionar (Carla estivo stalkeándonos e deume a razón, just saying). Totalmente de acordo en que son os feitos o realmente importante, pero o problema ven cando non adaptamos a linguaxe a esa realidade e xuíza segue significando muller do xuíz (ola RAE de novo, dirédesme que esta acepción séguese a usar?) e é o que sinto que estamos a facer ao utilizar o masculino xenérico. Por outra banda, non é o mesmo dicir os profesores que o profesorado, no primeiro utilizamos o masculino xenérico/neutro que coincide co masculino, no segundo en cambio non existe a posibilidade de polo en feminino. O importante non é artigo que poida levar ou non un substantivo, senón aquilo que representa, a policía representa ao corpo policial (en masculino) e utilízase o feminino porque cadrou, non precisamente pola presenza de mulleres nela; a policía funciona á vez como substantivo colectivo e individual, pero existe tamén o masculino xenérico para o individual: os policías.

      Admito que o X en lugar da vogal que marque o xénero, igual que a @ ou similares, non é o máis axeitado; e algune que outre filológue en prol da linguaxe inclusiva bótase ás mans á cabeza ao velo, xa que non é práctico á hora de lelo e non representa á linguaxe oral (algo máis estiven investigando, eh). Elexín a X por pura estética, e tal vez deba cambialo. Por outra banda, o uso do feminino como xenérico tamén acarrea problemas, aínda que Edu non me deu clase, cónstame que non é a primeira vez de que os seus alumnos quéixanse de non sentirse representados; isto récordame a unha situación que tivemos o outro día en clase de filosofía, explicando lóxica dixo "Cantas estades perdidas?", cando previamente fixera referencia a persoas, o resultado: as miñas compañeiras que non o entenderan levantaron a man, eles? Levantouna un do que segundos despois ríronse. A situación da que partimos non é a mesma, pero entendo que algúns homes non se sintan representados co feminino xenérico.

      Respecto a RAE... ás veces pregúntome ata que punto non adminten certos termos por pereza máis que por aceptación que teña a sociedade dela. O de que nela tamén haxa mulleres soa a "non son machista, que teño nai", sorrynotsorry, actualmente son 8 de 44 académiques, e a iso podemos sumarlle a súa alienación. Sei que tes a Pérez-Reverte como referente e tamén sei a súa opinión sobre a linguaxe inclusiva, e é por iso que o poño como exemplo. Non nego a súa calidade como autor nin moitísimo menos, simplemente digo que creo que en temas de igualdade non é un exemplo a seguir, por moito que despois gústelle ir de LGBTfriendly.

      Eliminar
  2. Páreceme unha moi boa forma de presentarse, que chama moito a atención dun modo moi directo.
    Tamén gustoume moito a ese fantástico gif de Momo, xa que lle da un toque diferente e moi interesante.

    Pd: Moi chuli guapi.

    ResponderEliminar