Segunda Guerra Mundial, Xapón. Dous irmáns, o maior, Seita, e a súa irmá Setsuko, fillos dun oficial da mariña xaponesa que viven en Kobe. Durante un bombardeo estadounidense á súa cidade, os irmáns non chegan ao búnker onde a súa nai espéraos, e, cando finalmente a atopan, está ferida mortalmtente na escola, que se convertera nun hospital de urxencia.
A tumba dos vagalumes, sen necesidade de escenas de acción nin de amosar unha violencia explícita; conta unha historia moi dura que consegue atrapar ao espectador e conmovelo (se a vedes preparade pañuelos). Sen grandes esceas, sen batallas nin soldados mortos, o filme transmite unha idea antibelicista (aínda que o director renega desta interpretación), que cala naquel que vea a película ao ver a mirada perdida de Setsuke, ou os intentos do seu irmán por tratar de que todo sexa o menos traumatizante posible para ela.
Baseándose no libro homónimo escrito por Isao Takahata e dirixia por el mesmo baseándose nas experciencias que viviu na guerra, o filme amosa que as películas de animación, ao contrario do que nos ten acostumados Disney, non son todas para nenos e que son capaces de transmitir como calquera superprodución de Hollywood, o incluso máis.
Berlín, outubro de 1989, a piques de caer o muro de Berlín que dividía esta cidade entre a RDA e a RFA, Cristiane, quen entregouse totalmente ao traballo para lograr o ideal socialista, cae en coma ao ver ao seu fillo nunha manifestación contra o goberno. Tras despertar, oito meses máis tarde, xa tras a caída do muro e cunha Alemaña reunificada e capitalista, o seu fillo Alexander fará todo o posible para que ela non se decate de isto debido á súa delicada condición de saúde, creando unha pequena illa no seu apartamento onde o a Alemaña socialista todavía pervive.
A nivel histórico, o filme amósanos a forma de vida na Alemaña comunista: o funcionamento da economía, a política do país, a distribución dos produtos (como os trámites para adquirir un Trabant), o forte control das fronteiras... Tamén permítenos ver a transición do comunismo ao capitalismo que tivo lugar, o cambio que supuxo nas vidas dos seus habitantes, para ben e para mal, e como estes adáptanse aos cambios.
Good Bye, Lenin! é unha película que trata de alonxarse da típica representación do comunismo e amosar os pros e os contras de cada sistema, sen clasificar en "os bos" e "os malos". Dende unha perspectiva algo irónica, e con momentos de gran tensión, o filme móstranos unha historia emotiva, na que un protagonista comprometido, igual ca a súa nai, está disposto a facer o que sexa por ela. Un dos mellores puntos da película é a construcción dos personaxes, que son complexos e con aristas, cos que é fácil empatizar e no que as mulleres levan un gran peso da historia, pasando finalmente o Test de Bechdel.
Bienvenue à Marly-Gomont, baseada na vida do pai do músico Kamini, cóntanos a historia do doutor Zantoko, orixinario de Kinshasa, o Congo, quen acepta unha vacante de médico rural nunha pequena vila de Francia en 1976 coa intención de poder ofrecerlle unha mellor educación aos seus fillos. Alí terá que enfrentarse ao racismo dos seus habitantes, quenes nunca viran a unha persoa negra e que amosan un claro rexeitamento.
A película xira en torno a unha familia cristiá, africana e de clase media, acostumada á vida na cidade, formada por Anne Zantoko quen soña con vivir unha vida case idílica en París, Seyolo Zantoko, que ao ter estudado en Francia previamente sabe aos problemas cos que se teñen que enfrontar as persoas africanas en Occidente, e os seus fillos.
O filme trata unha temática antirracista, amosándonos todo o odio que recibe a familia. Dende a súa chegada á vila vemos o desprezo que amosan os seus habitantes: ninguén acude á consulta do doutor a pesar de que o seguinte médico máis cercano está a 15km, os seus fillos son obxecto de continuas burlas na escola, tratan á nai como se fose idiota... Entre outras moitas cousas que nos amosan. A pesar do claro rexeitamento que amosan os vilegos, o doutor non perde a esperanza e trata por todos os medios de conseguir ser aceptado pola poboación branca, de amosar que son persoas* ao igual ca eles, que son dignos de respeto. Isto tamén dá pé ao director a amosarnos o conflicto no que se atopa a familia respecto á súa propia cultura, que se ve obrigada a rexeitar para encaixar.
Bienvenue à Marly-Gomont é unha película con bo ritmo, que non faise pesada e que consegue transmitir moito ao espectador. Aínda que non destaca especialmente nos apartados técnicos, nin o guión é espectacular, consegue o seu obxectivo: unha clara denuncia ao racismo, aínda que creo que deixa a idea de que o racismo é cousa do pasado, cando nós aún podemos reproducir (con ou sen intención) estas actitudes.
Déixovos por aquí a única critica que atopei da película (que a todo, pasa o test de Bechdel) dunha persoa racializada.
*Matizo (grazas Miry pola corrección): coa frase "amosar que son persoas" refírome a que teñen que demostrar constantemente que son seres humanos que sinten e pacen, non que debamos deixar de lado o análise de raza (entendida como un constructo social) porque ao fin e ao cabo somos todos persoas. As presións, xa sexan de xénero, raza, clase ou pola sexualidade danse precisamente por estas condicións, eleminar estes factores o único que fai é darnos solucións provisionais e non atacar á raíz do problema.
Ambientada en Italia tras a Segunda Guerra Mundial, a película cóntanos a historia dun obreiro en paro que consegue traballo pegando carteis, coa única condición de que debe posuír unha bicicleta. Tras conseguir unha con gran dificultade debido á súa situación económica, lla rouban durante o seu primerio día de traballo. Así, comeza a súa busca xunto co seu fillo Bruno, desesperados por recuperar o único que lle pode dar ingresos á familia.
Cun argumento moi simple, o filme consegue arapar ao espectador e polo na situación na que se atopa o protagonista. A tensión mentres esperas que lle rouben a bicicleta (porque é obvio que lla van a roubar, e o director xoga con iso); a súa desesperación, xa non só por el mismo, senón porque esa bicicleta é a única forma de conseguir alimentar á súa familia; as súas disputas internas entre facer o que cree correcto ou o que é necesario para sobrevivir... E a actuación do neno, que é simplemente brillante, chegando a transmitir tanto o incluso máis ca o seu pai.
O ladón de bicicletas e un claro exemplo de neorrealismo italiano, unha corrente cinematográfica que xurdiu tras a Segunda Guerra Mundial, e que utiliza como escenarios as propias rúas das cidades italianas e como actores e actrices xente de a pe. Isto engádelle un gran valor histórico ao filme, o que vemos non son recreacións, son o día a día da poboación da época.
Esta película non é a típica palomitera de Hollywood que podes sentarte a ver e desconectar, polo que non a recomendo se é iso o que buscades, pero se queredes descubrir un outro tipo de cine recoméndoa totalmente, de verdade que merece a pena. Unha das poucas pegas que lle atopo é, como en case todas as películas que levamos visto durante o curso, é a falta de representación feminina.
Johnny Got His Gun cóntanos a historia dun xoven combantente da Primeira Guerra Mundial que durante esta foi ferido por unha bomba que deixouno totalmente mutilado; sen brazos, sen pernas, cego, sordo e mundo, sen posibilidade de comunicarse co seu entorno. É así como esperta o noso protagonista no hospital, confuso e sen saber que acontece. Pouco a pouco va tomando consciencia da súa situación e tratará de comunicarse co seu entorno.
Todo o filme xira en torno á mente de Johnny e como este percibe o mundo. Para isto, o director (que adapta o seu propio libro) válese de flashbacks mesturados con alucinacións, onde non queda de todo claro que é real e que é froito dos desvaríos do protagonista, en cor e de esceas do que percibe no momento en branco e negro; buscando representar (creo) a parte da súa vida que realmente disfrutou, e a parte que só é confusión, incapacidade de comunicarse co exterior e sufrimento. Dalton Trumbo, o director, fixo a película cunha intención claramente antibelicista que nos conta os horrores da guerra e que é unha continuación dunha patriótica canción estadounidense que invita aos seus cidadáns a participar na guerra, na que obviamente EEUU sempre loita pola liberdade e uns valores xustos e na que eles serán considerados uns heroes. Outro dos temas nos que se posiciona o director é a eutanasia, coa que está claramente a favor. De que serve seguir vivindo se non podes comunicarte con ninguén, se non podes facer o que che gusta, se non podes moverte, se case non podes sentir nada, se non podes nin tan sequera algo tan simple como ver a luz do sol, e todo o que sintes é dor e frustración?
Johnny Got His Gun non é unha película que lle vaia a gustar a todo o mundo debido á súa falta de acción e que cara ao final algúns flasbacks xa son innecesarios, pero que transmite unha clara mensaxe política dunha forma pouco habitual.